Galiciaamano actualiza os seus servizos con 500 novos restaurantes
(Noticiascadadía).- O teléfono galego de información cidadá de baixo custe, *galiciaamano 902 024 888, ven de actualizar os seus servizos co fin de ofrecer unha mellor atención ós seus usuarios. Aínda que en constante renovación, *galiciaamano sumou á súa base de datos máis de 500 novos restaurantes, co que o directorio actual pasa a ter preto de 50.000 rexistros, que abranguen todo tipo de entidades e servizos.
O novo servizo tamén permite atopar restaurantes en función da rúa na que se atope a persoa que pregunte, grazas a sinxelas búsquedas de proximidade. Pero *galiciaamano ofrece moito máis. ¿Queres saber a dirección dese novo restaurante da túa cidade ou prefires saber que tempo fará mañá en Vigo? O servizo pon a disposición do usuario todo tipo de información sobre empresas, organismos, institucións, emerxencias, hoteis, restaurantes, farmacias, bancos, cines, avións, trens, meteoroloxía...
A parte das búsquedas por proximidade, ofrécese atención en galego/castelán, devolución da chamada, resposta por e-mail ou por sms. É posible contactar con *galiciaamano dende calquera parte de España, chamando dende un móbil, dun fixo, dunha cabina ou dun teléfono público.
En funcionamento desde fai ano e medio, *galiciaamano racha as normas do mercado e oferta os seus servizos desde 10 céntimos por minuto dende calquera rede fixa, con prezos que normalmente poden ser ata 10 veces máis baixos que os seus competidores.
*galiciaamano 902 024 888 é unha marca rexistrada de amano, que conta co Boletín Ocorrente de Lecer entre un dos seus proxectos máis ambiciosos. Esta publicación electrónica de balde chega cada semana a máis de 1.000 suscriptores, que atopan unha guía que de xeito diferente oferta que comer?, onde durmir?, que visitar? ou que comprar? A suscrición é gratuíta. Basta con enviar un email a info(at)galiciaamano.com especificando no asunto “suscribirme” xunto co teu código postal.
O director de *galiciaamano, Xosé Ramón Nóvoa, está a disposición dos medios de comunicación que desexen unha entrevista máis detallada. Para iso, por favor, contacten co departamente de comunicación.













